¿Qué es la copia privada?

Tú sabías que

La copia privada existe desde 1987 y tiene por objeto compensar a los titulares de derechos por el daño que produce las copias que todos nosotros hacemos.

La Ley excluye del pago de la compensación a las ADSL.

1 Equipo de música de salón lleva pagando 0,6 €, es decir medio café, desde 1994.

En 2006, 145 millones de obras fueron copiadas en DVD y dejadas de comprar. Su valor en el mercado hubiese sido de más de 2.000 millones de €.

100 DVD vírgenes, que permiten grabar 100 películas cuyo precio en el mercado sería de 2.000 €, pagan 44 € de compensación con la nueva Ley.

Los ordenadores no pagan canon porque la Ley aprobada el año pasado exime de su pago.

Según el borrador de Orden Ministerial la regrabadora de DVD paga 3,15 €.

La cámara de fotos nunca ha pagado canon ni se prevé que lo pague.

1 reproductor de DVD de salón pagaba antes 6,61 € y con la nueva Orden pagará 3,4 €.

200 CD vírgenes que, a la mayoría de los consumidores les permiten grabar 24.000 canciones en mp3, cuyo valor en mercado sería de 28.000 €, pagan de canon 34 € con la nueva Ley.

Es mentira que una familia española vaya a pagar 303 € de canon al año, puesto que si fuese verdad los ingresos de las entidades serían de 3.630 millones de € mientras que la recaudación es inferior a los 90 millones.

¿Qué es la copia privada?

Un espacio de información veraz y rigurosa sobre los derechos de propiedad intelectual. Una fuente de información para usuarios, periodistas y sociedad en general sobre los beneficios de la copia privada y la necesaria protección de los derechos de los creadores de contenidos.

La copia privada no es un impuesto

Os editores galegos defenden a lexitimidade do canon de compensación por copia privada

Asociación Galega de Editores

http://www.editoresgalegos.org

31 Enero 2008

Nos últimos tempos estase a cuestionar a compensación para autores e editores pola copia privada das súas obras, chegándose a presentar unha iniciativa no Senado para propoñer a súa desaparición durante o ano 2008, aínda que finalmente non foi aprobada no Congreso. A Asociación Galega de Editores (AGE) defende a absoluta lexitimidade do canon e o dereito de autores e editores a percibir unha compensación axeitada polo emprego das súas obras, e insta a que se deixe de cuestionar reiteradamente o sistema de dereitos de autor.

Os autores teñen, segundo a Lei de Propiedade Intelectual, un dereito exclusivo de reproducción sobre as súas obras: só eles poden autorizar ou prohibir que se fagan copias das súas creacións. Unha das limitacións que establece a lei a este dereito é precisamente a copia privada: cando o acto da copia reúne determinadas condicións (ser para uso privado da persoa que a fai, non ter ánimo de lucro, etc.) non é necesario pedir autorización previa aos titulares de dereitos. A lei establece tamén que os creadores deben ser compensados por estas copias privadas.

Os editores galegos defenden a lexitimidade do canon de compensación por copia privada Isto é así porque os autores non poden controlar de maneira efectiva as miles de reproduccións que se fan das súas obras para uso privado. De aí que o sistema para compensar aos autores estea baseado nunha cantidade que grava aos aparatos, equipos e soportes que permiten facer as copias, pago que corresponde por lei aos fabricantes, distribuidores e importadores de tales dispositivos. A compensación por copia privada é unha realidade no sistema xurídico español dende 1987. Tamén está establecido na maioría dos países da Unión Europea e a base legal é de alcance internacional.

A orixe da polémica

En xullo de 2006 modificouse a Lei de Propiedade Intelectual para adecuala ao ámbito dixital, mantendo a excepción da copia privada e a obrigada compensación ós autores sobre os equipos e soportes que permiten a reproducción para uso privado das súas obras. A novidade é que a lei non inclúe as tarifas aplicables a cada un dos dispositivos suxeitos a esta compensación, senón que se deixou a un acordo entre as partes (industrias tecnolóxicas e entidades de xestión). Ao non terse alcanzado dito acordo, o Goberno está obrigado a establecer os equipos, aparatos e soportes que estarán gravados por esta compensación, así como as tarifas.

O pasado 18 de decembro de 2007, o Executivo español fixo público o borrador de orde ministerial que fixa a relación de dispositivos, as tarifas para cada un deles e a distribución entre as entidades de xestión. Durante todo o tempo de negociación deste borrador, que se levou a cabo durante os últimos catro meses do ano 2006 e o 2007, levouse a cabo unha forte campaña en contra desta compensación, que chega a cuestionar o propio dereito de autor, e que está promovida polas empresas tecnolóxicas. Esta campaña atopou un amplo eco nos medios de comunicación e acentuouse debido á proximidade das eleccións estatais.

Consecuencias para os autores e editores de libros

Cando entre en vigor a nova orde ministerial, o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO; a asociación que xestiona os dereitos de propiedade intelectual dos autores e editores españois) recibirá a compensación polos mesmos equipos que ata agora pero as tarifas non serán as mesmas. É dicir, os fabricantes e importadores de fotocopiadoras, equipos multifuncionais (aqueles que permiten dúas das seguintes funcións: impresión, copia, fax e escáner) e escáneres pagarán de media un 25% menos, especialmente polo acusado descenso (de 15 a 7,95 euros) da tarifa dos equipos multifuncionais.

Esta diminución da compensación por copia privada cuestiona a veracidade de argumentos empregados con asiduidade nos últimos meses, como que a partires de agora os escáneres serán máis caros debido ao canon. Ademais formula serias dúbidas sobre se esa reducción na compensación para autores e editores suporá unha baixada dos prezos na mesma proporción dos equipos por parte da industria tecnolóxica.

Mentiras sobre o canon

Unha das ideas máis estendidas á hora de rexeitar o canon é que se trata dun imposto, pero este non cumpre as condicións para selo, entre elas ir destinado directamente ao conxunto de cidadáns. En realidade é unha obriga civil e non fiscal, unha compensación destinada aos prexudicados pola copia privada que xestionan asociacións privadas sen ánimo de lucro, como CEDRO para os autores e editores de libros e publicacións periódicas. Estas entidades deben cumprir unha serie de requisitos establecidos na propia lei e son titeladas polo Ministerio de Cultura, nunha situación similar á que se vive noutros países europeos.

Outro argumento empregado en contra do canon é que o diñeiro non vai para o creador, senón a entidades privadas que o reparten ó seu albedrío. Isto é falso, xa que o destino final da súa recadación son, sen ningún tipo de dúbida, os titulares de dereitos. Dende que obtivera a súa primeira recadación por copia privada no ano 1993, CEDRO distribuíuna entre os seus titulares, autores e editores, sexan ou non socios da entidade, tal e como establece o marco legal vixente: un 55% para os autores e un 45% para os editores.

Tamén se afirma que este gravame só beneficia aos autores e entidades de xestión, pero o certo é que a copia privada resulta beneficiosa para os cidadáns en xeral, porque poden copiar obras para o seu uso privado sen solicitar a autorización previa dos seus titulares de dereitos, disfrutando así dun límite que a lei establece aos dereitos exclusivos do autor. A copia privada tamén beneficia á industria que produce os equipos de copiado, xa que as vendas dos seus productos vense impulsadas pola posibilidade de reproducir legalmente con elas obras de creación. Bastaría só con imaxinar o prexuízo que suporía para consumidores e fabricantes que non fora legal copiar con fins privados obras protexidas. O que non pode pretender a industria do sector tecnolóxico é aforrarse o canon para aumentar aínda máis, a costa de autores e editores, os seus xa cuantiosos beneficios.

En esta sección


 
La copia privada, un concepto presente en toda la legislación occidental